Pementos recheos

Ingredientes (para catro unidades): ⁠

🔸 2 pementos grandes
🔸 1 cebola
🔸 2 cenorias
🔸 4 ovos
🔸 Arroz
🔸 3 culleradas de queixo crema ou queixo relado
🔸 Sal, AOVE e especias


👉 Preparación:⁠

  1. Cortarmos os pementos pola metade e sacámoslles as sementes. Salpementarmos e enfornámolos durante 10 minutos a 200ºC.
  2. Por una banda, rustrimos a cebola, a cenoria e a parte que sobrou dos pementos se for o caso. Por outra banda, facemos o arroz ao noso gusto. Cando estea listo, agregámolo ás verduras.
  3. Condimentamos con pementa ou coas especias que quixermos e engadimos 3 culleradas de queixo crema ou queixo relado.
  4. Enchemos os pementos e deixamos un oco no medio. Rompemos un ovo no centro e enfornamos durante 5/10 minutos ou até que se faga o ovo. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario