Niños de cabaciña

Ingredientes: ⁠

🔸 1 cabaciña
🔸 4 ovos
🔸 100 g de touciño entrefebrado
🔸 Queixo relado

Preparación:⁠

1. Facemos tiras de cabaciña cunha mandolina e poñémolas nun molde de madalenas.
2. Batemos os ovos e engadímoslle o touciño entrefebrado cortado en liscos xunto cos anacos que nos sobrou da cabaciña.
3. Salpementamos e engadimos por riba o queixo relado.
4. Enformanos a 180° durante 15 min e listo. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *