Xa estamos en pleno verán e iso quere dicir que estamos en tempada de barbacoas! Así que a bico receita de xullo en colaboración con @bicodegrao será unha alternativa vegana para gozarmos da época estival. Nesta ocasión imos empregar produtos ecolóxicos e de tempada dispoñíbeis todos eles en @bicodegrao. Convídovos a pasarvos pola súa tenda e a preparar esta bico receita ideal para o verán.
Todos os ingredientes son ecolóxicos e da tenda @bicodegrao
Para os espetos:
🔸 Tofu afumado
🔸 Cogomelos
🔸 Tomates cereixa
🔸 Cabaciña
🔸 Porro
🔸 Pemento
🔸 Sal, romeu e herbas provenzais
Para o gazpacho
🔸 400 g de melón
🔸 1 dente de allo
🔸 50 g de cogombro
🔸 ½ cebola
🔸 30 g de pemento verde
🔸 ½ rebanda de pan
🔸 1 cullerada de AOVE
🔸 Sal e pementa branca
Podedes falar coas rapazas de Bico de Grao a través da súa conta @bicodegrao e dicirlles que ides facer esta receita e teranvos preparados todos os ingredientes para que non se vos esqueza ningún.
Preparación:
- Para facermos os espetos, cortamos as verduras, agás os tomates e os cogomelos, e o tofu en anacos e cravámolos nos espetos de madeira. Podemos facelos nunha tixola engraxada ou á grella. Cando os poñamos ao lume, cómpre non nos esquecermos de botarlle unhas areas de sal e as especias. Temos que viralos canda pouco para que non se nos queimen e fiquen ben feitos.
- Para facermos o gazpacho, cortamos todos os ingredientes en anacos pequenos e botámolos nunha xerra. Trituramos todo e listo. Servimos o gazpacho en vasos. Bo proveito!
🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!