Granola de chocolate

Ingredientes:


🔸 200 g de avea
🔸 100 g de améndoa laminada
🔸 100 g de noces
🔸 3 culleradas de mel
🔸 60 g de cacao en po
🔸 100 ml de aceite de oliva

Preparación:

  1. Nun cunco mesturarmos primeiro os ingredientes secos e despois engadimos o mel e o cacao e aceite. Con axuda dunha espátula remexemos ben até conseguirmos unha textura de granola. Cómpre que a mestura estea o máis solta posíbel, xa que cando a metamos no forno a avea e os froitos secos pegaranse e non queremos que nos queden bólas.
  2. Estendemos a granola nunha bandexa con papel vexetal e enfornamos durante 10-15 minutos a 180ºC.
  3. Agardamos a que arrefríe antes de metela nun bote hermético para que non se nos seque. Bo proveito!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *