Ingredientes:
🔸 500 g de ameixas
🔸 1 vaso de auga
🔸 250 g de azucre (opcional)
🔸 Zume dunha laranxa
Preparación:
- Quitámoslle a carabuña ás ameixas e deixamos que maceren media hora co zume de laranxa.
- Nun cazo ou nunha pota pequena botamos a auga co azucre e as ameixas. Deixamos que coza todo a lume baixo durante 45 minutos ou até que colla a textura de marmelada.
- Deixamos que arrefríe un pouco antes de metela nun bote de cristal e conservámola na neveita. Bo proveito! ☺️
🍊 Se fas esta receita, non te esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa!!