Ingredientes:
🔸 2 cabaciñas
🔸 8 liscos de xamón cocido
🔸 8 talladas de queixo
🔸 1 ovo
🔸 Pan relado
🔸 Fariña
🔸 Sal e aceite de oliva
Preparación:
1. O primeiro paso é cortarmos a cabaciña con axuda dunha mandolina en láminas de medio centímetro. Lembra facer parellas e non separalas para que as láminas de cabaciña encaixen ben e sexan dun tamaño similar.
2. A seguir, montamos os sanxacobes e, para iso, entre as láminas de cabaciña poñeremos o xamón cocido e o queixo. Para facermos o rebozado, primeiro pasamos os sanxacobes por fariña, despois por ovo e, por último, por pan relado.
3. Por último, fritimos en aceite de oliva a lume forte. Bo proveito!
🍊 Se fas esta receita, non te esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa!!
Boísimos. Estupenda receita, Noemí!😋