Ingredientes:
🔸 1 cabaciña
🔸 3 cenorias
🔸 1 cebola
🔸 200 ml de tomate
🔸 Láminas de lasaña
🔸 Queixo relado
🔸 Salsa bechamel
Preparación:
- Antes de máis, poñemos as láminas en remollo seguindo as instrucións do paquete.
- A seguir, nunha tixola rustrimos a cebola cun pouco aceite e cando estiver dourada, engadimos a cenoria e a cabaciña, e deixamos que se doure. A continuación, engadimos a salsa de tomate e deixamos que se faga uns 10 minutos.
- Montamos as capas de lasaña e cubrímolas con salsa bechamel. Por último, engadimos o queixo relado e enfornamos a lasaña para que se doure o queixo. Bo proveito!
🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!


