Flores de cabaza en tempura

Ingredientes:

🔸 1 cunca de fariña
🔸 1 cullerada de maicena
🔸 1 culleriña de bicarbonato
🔸 Auga
🔸 Sal e pementa

Preparación:

  1. O primeiro paso é lavarmos ben as flores de cabaciña e quitarmos o estame do seu interior con moito coidado de que non rompa a flor.
  2. Para facermos a tempura poñeremos a fariña, a maicena e o bicarbonato nun cunco e incorporaremos auga até obtermos un amodo solto e salpementamos.
  3. A seguir, pasamos as flores pola tempura e fritimos en aceite ben quente.
  4. Finalmente, ao sacarmoslas da tixola, pousámolas sobre papel absorbente para quitar o exceso de graxa. Bo proveito!


🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario