Torta de galleta de chocolate


Ingredientes para a masa: ⁠

🔸 220 g de fariña
🔸 1 culleriña de lévedo en po
🔸 1 cullerada de cacao
🔸 6 culleradas de azucre
🔸 6 culleradas de AOVE
🔸 8 culleradas de leite

Ingredientes para a crema: ⁠

🔸 300 g de queixo en crema
🔸 300 ml de nata
🔸 50 g de azucre

Decoración: froitas, flores comestíbeis etc.


Preparación:⁠

  1. Facemos a masa mesturando primeiro o leite, o aceite e o azucre. A seguir, incorporamos a fariña, previamente mesturada co lévedo e o cacao. Amasamos até obter masa de galletas.
  2. Dámoslle a forma que queiramos e enfornamos durante 15 minutos a 180ºC.
  3. Para prepararmos a crema, mesturamos todos os ingredientes e batemos até que a nata se monte. É importante que os ingredientes estean ben fríos.
  4. Con axuda dunha manga pasteleira, decoramos ao noso gusto .
  5. Por último, engadímoslle a froita que máis nos guste. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario