BICO RECEITA: Paella de verduras

Nestes días as hortas están a todo dar e por iso desde @bicodegrao mandáronme unha caixa chea de verduras ecolóxicas de produtoras galegas. Así que a bico receita de agosto en colaboración con @bicodegrao será unha alternativa vegana á paella tradicional para gozarmos das verduras da nosa terra. Nesta ocasión imos empregar produtos ecolóxicos e de tempada dispoñíbeis todos eles en @bicodegrao. Convídovos a pasarvos pola súa tenda e a preparar esta bico receita.

Todos os ingredientes son ecolóxicos da tenda @bicodegrao e de produtoras galegas

⁠Ingredientes:

🔸 300 g de arroz
🔸 800 ml de caldo de verduras
🔸 1 presada de feixóns verdes
🔸 1 pemento verde
🔸 1 cebola mediana
🔸 1 cabaciña
🔸 1 porro
🔸 ½ k de tomates
🔸 Sal e azafrán

Preparación:⁠

  1. Antes de máis, poñemos o caldo ao lume. Cómpre incorporarmos o caldo quente para non cortar a cocción do arroz.
  2. Nunca cazola rustrimos primeiro a cebola. Cando estea dourada, engadimos o porro. A seguir, incorporamos o pemento e a cabaciña.
  3. Nunha pota a parte, cocemos os feixóns 2 minutos, escoámolos e engadímolos á cazola. Este paso non é obrigatorio. Porén, ao cocelos previamente, quitámoslle o amargor que poidan ter.
  4. Por último, engadimos o tomate e cando perda a auga, engadimos o arroz e incorporamos o caldo de verduras. Botamos sal e azafrán, e deixamos que coza uns 20 minutos ou até que non fique caldo.
  5. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario