Ingredientes para a base:
🔸 65 g de améndoas
🔸 20 g de avea
🔸 45 g de dátiles
🔸 1 cullerada de cacao
Ingredientes para a crema:
🔸 5 follas de xelatina
🔸 2 iogures
🔸 200 g amorodos
🔸 50 ml de leite
🔸 60 g de chocolate
Preparación:
- Para facermos a base trituramos as améndoas coa avea, a cullerada de cacao e os dátiles.
- Repartimos a mestura nun molde de 15 cm.
- Para prepararmos a crema, hidratamos a xelatina en auga fría. A seguir, trituramos os amorodos e mesturámolos co iogur. Diluímos a xelatina no leite quente e engadímola á mestura anterior.
- Con coidado vertémola sobre a base e gardámola na neveira até que calle.
- Por último, derretemos o chocolate e cubrimos a superficie. Bo proveito!
🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!


