As vieiras son o símbolo dos peregrinos a Compostela e están riquísimas. Aquí tedes unha proposta que vos vai encantar. É a receita que se leva facendo toda a vida na miña casa.
Ingredientes:
🔸 8 vieiras
🔸 8 liscos de xamón
🔸 1 cebola
🔸 1 cullerada de pemento doce
🔸 Pan relado
🔸 Tomate frito
🔸 AOVE e perexil
Preparación:
- O primeiro paso é rustrimos a cebola cortada en anacos ben pequenos cun pouco aceite. Cando estiver doura, engadimos a cullerada de pemento doce.
- A seguir, engadimos o xamón e cando se torre, engadimos o tomate frito.
- Enchemos as cunchas das vieiras co rustrido e colocamos a vieira enteira. No meu caso, ao seren pequenas, puxen dúas por cuncha. Por riba engadimos o perexil picado e o pan relado.
- Por último, metemos as vieiras no forno a gratinar uns 15 minutos a 200ºC. Bo proveito!
🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!