Torta de mazá

@media_laranxa

Torta de mazá 🍎#tiktokengalego #tiktokengalego #receitasengalego #engalego #torta

♬ sonido original – Media laranxa

Ingredientes:

🔸 4-5 mazás
🔸 300 ml de leite
🔸 2 xemas
🔸 1 cullerada de maicena
🔸 2 culleradas de azucre
🔸 1 cullerada de esencia de vainilla
🔸 1 lámina de masa de follado
🔸 1 ovo para pincelar

Preparación:⁠

  1. O primeiro paso é facermos a crema. Por unha bada, separamos 100 ml de leite e botámoslle unha cullerada de maicena. Por outra banda, nun cazo engadímoslle dúas culleradas de azucre aos ovos e batemos.
  2. A seguir, engadimos o leite coa maicena e remexemos. Prendemos o lume e incorporamos aos poucos o resto do leite coa esencia de vainilla e remexemos até que espese.
  3. Vertemos a crema sobre a masa de follado e estendémola cunha espátula. Despois cortamos a mazá en láminas e imos colocando os anacos formando unha flor.
  4. Por último, enfornamos a 180ºC uns 25-30 minutos e listo. Bo proveito!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario