Compota de mazá con crocante de chocolate

Xa está aquí a outonía e non hai cousa máis típica deste tempo que unha boa compota de mazá. Mais nesta ocasión, quixen darlle un toque especial a esta receita tradicional engadíndolle chocolate.

Que vos parece? Preferides a versión tradicional ou as innovacións? 🙈

Se che apetece facela, nos esquezas gardala para tela sempre en favoritos.

Ingredientes:⁠

🔸 5 mazás
🔸 1/2 vaso de auga
🔸 Dúas culleradas de azucre (opcional)
🔸 Canela (opcional)
🔸 75 g de chocolate negro

Preparación:⁠

1. O primeiro paso é mondarmos as mazás, quitármoslle as pebidas e cortármolas en anacos pequenos.
2. A seguir, botamos as mazás e medio vaso de auga nunha pota e deixamos que cozan uns 20 minutos aproximadamente. Botamos azucre e canela ao gusto, e esmagamos as mazás para non nos encontrarmos con anacos grandes. Tamén podedes pasar a compota por un procesasdor de alimentos para que quede tipo crema.
3. Para a cobertura, derretemos o chocolate ao baño maría e cubrimos a compota con el. Podemos botarlle por riba boliñas de chocolate ou froitos secos.
4. Por último, metemos as cuncas de comporta media hora na neveira para que o chocolate solidifique e listo. Bo proveito! 

🍊 Se fas esta receita, non te esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario