Biscogalletas con só 4 ingredientes e super fáciles de facer!
Ingredientes:
🔸 250 g de fariña integral
🔸 100 ml de leite
🔸 100 g de mel
🔸 60 g de pebidas se chocolate
👉 Preparación:
- O primeiro paso é diluírmos o mel en leite morno.
- A seguir, nun cunco amplo, mesturamos a fariña co leite, remexemos cunha espátula e terminamos de amasar coas mans. A masa estará perfecta cando non se nos peque ás mans. Despois, incorporamos as pebidas de chocolate e amasamos un pouco para integralas á masa.
- Para darlle forma ás galletas, facemos bólas e colocámolas sobre papel vexetal. Coas cantidades que aparecen enriba, sairán 12 aproximadamente.
- Por último, enfornamos a 180º durante 25 minutos. Bo proveito!
🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!