Brownie con amorodos (sen ovo, sen lactosa e sen glute)

Está a piques de comezar outubro e nós estamos apurando os últimos amorodos que nos saen do bancal da terraza. E como sabemos que vos gusta o chocolate e sodes fans dos amorodos, este brownie é a mestura perfecta.


Ingredientes:

🔸 2 culleradas de liño
🔸 3 culleradas de auga + 100 ml de auga fervendo
🔸 200 g de fariña de avea
🔸 100 g de chocolate
🔸 40 g de cacao
🔸 1 cullerada de café solúbel (opcional)
🔸 100 g de panela
🔸 100 ml de AOVE ⁠
🔸 1 presada de amorodos
🔸 1 culleriña de bicarbonato

👉 Preparación:⁠

  1. O primeiro paso é facermos o “ovo vegano” co liño. Para iso, procesamos as sementos até facelas fariña e mesturámolas con 3 culleradas de auga.
  2. A seguir, disolvemos en auga fervendo o chocolate, o cacao e o café. Despois, engadimos o “ovo” de liño, a panela e o aceite de oliva.
  3. Canto estiver todo ben integrado, engadimos a fariña, o sal e o bicarbonato.
  4. Estendemos a masa nun molde e colocamos os amorodos por riba e polo medio. Se somos moi lambóns, podemos botar uns anacos de chocolate extra por riba.
  5. Enformanos a 180ºC durante 20 minutos. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario