Madalenas de castañas

O froito protagonista desta tempada, sen dúbida ningunha, é a castaña. Os magostos son unha data sinalada no noso calendario. Ademais de facermos as castañas asadas ou cocidas, outra opción é convertelas en fariña e preparar biscoitos, bicas ou madalenas. En Italia a esta fariña chámanlle farina dolce e a súa característica dozura fai que non necesitemos empregar moito azucre nos doces que preparemos con ela, polo que se converte nunha opción máis saudábel.


Ingredientes:

🔸 180 g de fariña de castañas
🔸 50 g de fariña de trigo
🔸 3 ovos
🔸 1 iogur natural
🔸 100 ml de AOVE
🔸 50 g de azucre
🔸 1 sobre de lévedo en po

Preparación:⁠

  1. O primeiro paso é batermos os ovos e, a continuación, engadimos o aceite e o iogur e batemos de novo.
  2. A seguir, peneiramos a fariña para evitarmos calquera bolboroto e incorporámola pouco xunto co lévedo.
  3. Por último, enchemos os moldes e enfornamos a 220ºC durante 15 minutos aproximadamente. Sacámolas cando estea douradas. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario