Bica de castañas

Estamos en época de magostos e non hai cousa máis outonal que o arrecendo a castañas asadas. Para aproveitarnos este manxar dos nosos castiñeiros pensamos en combinalo cunha das sobremesas típicas da nosa terra, a bica. Por iso, en colaboración con Granja Campomayor decidimos preparar esta deliciosa bica de castañas.

Garda a receita porque vas querer probala!

Ingredientes:

🔸 8 claras de ovos campeiros de millo #GranjaCampomayor
🔸 250 g de fariña de castañas
🔸 100 g de fariña de trigo
🔸200 g de azucre
🔸350 ml de nata
🔸 Canela en po

Preparación:

  1. O primeiro paso é separarmos as claras das xemas. Unha vez separadas, montamos as claras a punto de neve. Mentres batemos coas variñas, imos incorporando o azucre aos poucos como se dun merengue se tratase.
  2. A seguir, peneiramos a fariña para evitarmos calquera bolboroto e con movementos envolventes imos engadimos a fariña ao merengue. Despois, montamos a nata e incorporámola ao amoado con movementos suaves para que a masa non perda aire. Este paso é fundamental para que a bica fique esponxosa.
  3. Por último, vertemos a masa nun molde rectangular forrado con papel vexetal e esparexemos azucre e canela por riba. Enfornamos a 180ºC durante 30-35 minutos. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa e #camperodemaiz

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario