As mazás ao forno son unha sobremesa moi saborosa e ben sinxela de facer.
Ingredientes:
🔸 4 mazás (se son doces, non necesitades azucre)
🔸 2 culleradas de azucre moreno
🔸 20 g de manteiga
🔸 Canela
Preparación:
- O primeiro paso é lavarmos as mazás e facermoslle un buraco no centro para lle quitar o corazón.
- A seguir, pómolas nunha fonte de cristal e facemos o recheo. Para iso, derretemos a manteiga e engadimos o azucre e a canela.
- Enfornamos a 180°C uns 30 minutos. Se a variedade de mazá que uses non ten moita auga, recomendo que lle botes unhas culleradas de auga á fonte para que non se queime. No entanto, nornalmente, as mazás van soltando o seu propio zume e non hai problema.
- Podemos servilas quentes ou frías. Bo proveito! 😊
🍊 Se fas esta receita, non te esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa!!