Donuts de laranxa e chocolate

De cando en vez tes antollo de donuts? Se a resposta é si, esta receita é para ti.

📝 Ingredientes (4 donuts):⁠

🔸 1 ovo
🔸 60 g de fariña
🔸 50 ml de leite ou bebida vexetal
🔸 Zume de media laranxa
🔸 ½ culleriña de lévedo en po
🔸 Edulcorante ao gusto
🔸 Chocolate para a cobertura

Preparación:⁠

1. O primeiro paso é batermos os ovos e, despois, incorporar os ingredientes líquidos.
2. A seguir, engadimos a fariña mesturada co lévedo e batemos até que non fiquen bolborotos.
3. Enfornamos a 180°C uns 15-20 minutos dependendo do forno.
4. Por último, derretemos o chocolate ao baño María e decoramos os donuts. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non te esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa!!

2 comentarios sobre “Donuts de laranxa e chocolate”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario