Volcán de chocolate e turrón

Se neste Nadal quixermos viarxar até á Franza a través dos fogóns, podemos degustar un delicioso volcán de chocolate e turrón. Se ben é certo que o coulant francés se pode tomar durante todo o ano, non podemos deixar escapar o pracer que nos dá cravar unha culler e ver como o turrón quente sae lentamente do seu interior e se funde co biscoito de chocolate. Sen dúbida, esta é unha receita para os máis lambóns da casa. 🎄

Ingredientes (para catro volcáns):⁠

🔸 4 ovos
🔸 75 g de fariña
🔸 100 g de chocolate negro
🔸 50 g de azucre
🔸 50 g de aceite
🔸 50 g de turrón brando tipo Xixona
🔸 3 culleradas de leite

Preparación:⁠

  1. Nun cazo botamos o turrón esmiuzado e as tres culleradas de leite. Poñémolo a lume baixo até que o turrón se derreta e fique unha crema. Deixamos que arrefríe e metémolo nunha bandexa de xeo no conxelador (4 horas aproximadamente ou até que se conxele).
  2. Para facermos o volcán de chocolate, cómpre montarmos os ovos co azucre até que dupliquen o seu tamaño. A seguir, incorporamos o chocolate fundido mesturado co aceite e, por último, engadimos a fariña con movementos envolventes.
  3. Vertemos a masa nos moldes até a metade, colocamos un cadrado de xeo do turrón no medio e acabámolos de encher.
  4. Enfornamos os nosos volcáns a 200ºC durante 9-10 minutos e servímolos inmediatamente. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario