Manteigados de canela

Hoxe tráivos a receitas dos meus manteigados favoritos, os de canela.


Ingredientes:

🔸 500 g de fariña
🔸 250 g de manteiga de porco
🔸 1 xema
🔸 1 culleriña de canela
🔸 50 g de azucre

Preparación:⁠

  1. O primeiro paso é mesturarmos a manteiga co azucre, a canela e a xema.
  2. A seguir, engadimos a fariña aos poucos até conseguirmos unha masa que non se nos pegue aos dedos.
  3. Estiramos a masa cun rolo e cun molde dámoslle forma aos manteigados.
  4. Con moitísimo coidado colocámolos nunha bandexa de forno con papel vexetal e enfornamos a 180ºC uns 15minutos. Se os facedes gordiños como os da foto van necesitar uns 20 minutos, mais cada forno é un mundo.
  5. Por último, sacámolos do forno e debemos agardar a que arrefríen un pouco antes de colocalos sobre unha bandexa de reixas. Se non agardamos ese tempo, é moi posíbel que se rompan. Empoamos con azucre glas e listo. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario