Roscón de Reis saudábel

📝 Ingredientes:⁠

Para o requento:⁠

🔸 50 g de leite ou bebida vexetal
🔸 65 g de fariña integral
🔸 3 g de lévedo seco de padaría

Para a masa:⁠

🔸 O requento
🔸 225 g de fariña integral
🔸 3 g de lévedo seco de panadaría
🔸 1 ovo ou 1 ovo vegano (1 cullerada de chía e 3 de auga)
🔸 40 g de leite ou bebida vexetal
🔸 100 g pasta de dátiles (trituramos 65 g auga + 35 g dátiles)
🔸 25 g de AOVE
🔸 15-20 g de auga de azar (esencial para darlle o sabor característico da rosca)
🔸 15 g de glute* (opcional, mais é obrigatorio se queredes facela trenzada como na foto)
🔸 Para decorar: amendoas laminadas, framboesas secas…

*O glute apórtalle elasticidade á masa. Se quixerdes facer unha rosca trenzada, tedes que botarllo. Se preferides que teña a forma redonda de sempre, non é preciso.


👉 Preparación:⁠

1. Antes de máis, cómpre facermos o requento. Para iso, mesturamos todos os ingredientes até formarmos unha bóla. Facémoslle un corte en cruz no centro e metémola nunha xerra con auga morna. Temos que agardar a que flote para sacala e que nos sirva de fermento fresco.
2. A seguir, mesturamos o resto de ingredientes co requento e amasamos até que a nosa masa colla elasticidade e non se pegue ás mans.
3. Tapamos cun pano e deixamos que levede até que duplique o seu tamaño, dúas horas aproximadamente. É importante poñela nun sitio onde non haxa correntes de aire.
4. Cando a masa teña duplicado o seu tamaño, temos que amasala de novo e darlle forma de rosca. Lembra que o buraco do medio ten que ser grande, xa que a masa volverá duplicar o seu tamaño.
5. Decorámola con améndoas e froita por riba e enfornamos a nosa rosca a 200ºC os primeiros cinco minutos e despois a 180 ºC outros 15-20 minutos. Cómpre metermos tamén no forno unha bandexa con auga para crear vapor durante a cocción e que non se nos seque.
6. Deixamos arrefriar e listo. Boa Semana Santal!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

3 comentarios sobre “Roscón de Reis saudábel”

    1. E en que zona lle chamades pan de ovo? Sei que en Carballo fano, mais con forma de trenza ou polo menos nas pastelarías que eu fun. A miña avoa da Fonsagrada, chámalle rosca e nada de roscón, mais supoño que hoxe en día é a forma máis estendida e por iso está no DRAG. Bo ano!

      1. O meu avo era de Carballo, nós estamos pertiño de Ourense, en San Cibrao. Eu o de roscón tamén nunca cho ouvira, rosca pode ser, ainda que pensando un pouco é algo máis xeral, non só a dos reis. Cousas da vida (ou da lingua)!

Deixa una resposta a medialaranxa Cancelar resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario