Lumaconi recheos de grelos e queixo

📝 Ingredientes:

🔸 Pasta para encher

🔸 1 presada de grelos

🔸 1 lata de tomate natural triturado

🔸 1 bote de ricotta

🔸 Queixo parmesano

🔸 Sal e pementa

👉 Preparación:⁠

  1. O primeiro paso é cocermos a pasta seguindo o tempo que nos indique o paquete para que non se pasen de cocción.
  2. Para o recheo, debemos cocer os grelos e, unha vez listos, escoámolos ben e deixamos que arrefrían un pouco antes de mesturalos coa ricotta, o sal e a pementa.
  3. Cando a pasta estea fría, enchémola coa mestura de grelos e colocámola enriba dunha bandexa cuberta de salsa de tomate.
  4. Por último, esparexemos queixo parmesano por riba e gratinamos até que se douren. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario