Desde que lle vin este doce a @kukinhasblogue morría por facelo. Tedes a receita orixinal na súa bitácora e non só esta, senón moitísimas máis igual de saborosas. Teño que dicir que eu adaptei un pouco os ingredientes porque intento cociñar o máis san posíbel. Así que aquí vos vai a miña versión
Ingredientes:
🔸 450 g de cabaciña relada
🔸 100 g de azucre
🔸 250 g de fariña
🔸 150 g de cacao
🔸 1 culleriña de bicarbonato
🔸 1 culleriña de sal
🔸 120 ml de AOVE
🔸 50 g de chocolate negro en anaquiños
Preparación:
- Nunha cunca grande, mesturamos primeiro os ingredientes secos e a continuación os húmidos. Unha vez mesturado todo, engadimos a cabaciña relada.
- Prequentamos o forno a 180°C e, unha vez quente, enfornamos o noso brownie durante 35-40 minutos e ñaaaam. ☺️
🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa!!