Cabaciña rechea de soia

Ingredientes: ⁠

🔸 1 cabaciña grande
🔸 1 cebola
🔸 100 g de soia texturizada
🔸 250 ml de salsa de tomate
🔸 Queixo relado (opcional)
🔸 1 cenoria
🔸 Sal, pementa e especias

Preparación:⁠

  1. Lavamos a cabaciña e cortámola á metade. Baleirámola e sacámoslle a polpa.
  2. Lavamos e picamos todos os vexetais.
  3. Pomos a hidratar a soia texturizada e mesturámola cos vexetais e coa salsa de tomate.
  4. Sazonamos ao noso gusto con sal e especias. Neste caso, eu boteille ourego.
  5. Pomos as dúas metades da cabaciña nunha bandexa para forno, enchémolas coa mestura e botámoslles queixo relado.
  6. Enfornamos a 180ºC durante 25-30’.
  7. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario