Ingredientes:
🔸 220 g de fariña
🔸 1 culleriña de lévedo en po
🔸 1 chisco de sal
🔸 6 culleradas de azucre
🔸 6 culleradas de AOVE
🔸 8 culleradas de bebida vexetal
🔸 Pebidas de chocolate
Preparación:
- Para facermos a masa, mesturamos primeiro o leite, o aceite e o azucre.
- A seguir, incorporamos a fariña, previamente mesturada co lévedo e co sal. Por último, engadimos as pebidas de chocolate.
- Amasamos ben até obter unha masa flexíbel e non pegañenta.
- Prequentamos o forno e, mentres agardamos, imos facendoboliñas coa masa e esmagámolas cun vaso para darlles forma.
- Por último, enfornamos durante 15 minutos a 180ºC e a gozaaaar! 😉
🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa !!



