Pan de plátano e chocolate

Ingredientes:

🔸 140 g de fariña
🔸 60 g de cacao
🔸 1 cullerada de lévedo en po
🔸 ½ cullerada de sal
🔸 ½ cullerada de canela
🔸 80 g de AOVE
🔸 3 plátanos
🔸 1 ovo
🔸 1 cullerada de extracto de vainilla (opcional)
🔸 Pebidas de chocolate


Preparación:⁠

  1. O primeiro paso é esmagarmos os plátanos con axuda dun garfo e engadirmos os ingredientes líquidos.
  2. A seguir, incorporamos os sólidos e mesturamos todo.
  3. Decoramos o noso pan cun plátano cortado á metade e esparexemos unhas pebidas de chocolate.
  4. Enfornamos durante 45 minutos a 180ºC e a gozaaaaar!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa nas túas redes!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario