Ingredientes:
🔸 300 g de pasta
🔸 1 cabaciña
🔸 50 g de queixo parmesano relado
🔸 1 presada de follas de alfábega
🔸 1 presada de améndoas
🔸 2 dentes de allo
🔸 Pementa e sal
Preparación:
- Cocemos a pasta en auga e sal. A seguir, escorrémola e reservámola.
- Trituramos a cabaciña, a alfábega, o queixo, as améndoas e o allo e salpementamos.
- Mesturamos todo e a comeeeer! Bo proveito!
🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa nas túas redes!