Onte festexouse en Xinzo de Limia o Domingo Fareleiro e iso significa que o Entroido acaba de comezar. Así que non pode faltar no noso receitario unha das sobremesas típicas destas datas, os roscos de anís e laranxa.
Ingredientes:
🔸 450 g de fariña
🔸 100 g de azucre
🔸 1 ovo
🔸 1 laranxa
🔸 50 ml de anís *
🔸 50 ml de aceite
🔸 1 cullerada de lévedo en po
* De non querermos usar anís, podemos substituílo por leite ou bebida vexetal.
Preparación:
- O primeiro paso é mesturarmos os ingredientes líquidos nun cunco, isto é, o zume de laranxa, o anís, o aceite e o ovo xunto ao azucre e a reladura de laranxa.
- A seguir, engadimos a fariña mesturada co lévedo aos poucos e imos amasando até obtermos unha masa que non se nos pegue ás mans. Nese intre, tapamos a masa cun pano e deixamos que repouse unha hora.
- Para dármoslle forma aos roscos, cortamos un anaco de masa, estirámola e unimos os extremos.
🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

