Filloas de grelos

Quen dixo que as filloas e os grelos non podían ir xuntos? Velaquí a proba de que si se pode! Se es fan das filloas, estas vanche encantar. Así que garda esa receita para o Entroido.

Ingredientes para as filloa (saen dúas):⁠

🔸 2 ovos⁠
🔸 80 ml de bebida vexetal ou leite⁠
🔸 60 g de fariña⁠
🔸 30 g de grelos xa cocidos
🔸 AOVE, pementa e sal

Ingredientes para o recheo:⁠

🔸 2 ovos⁠
🔸 100 g de cogomelos
🔸 1 dente de allo

Preparación:⁠

1. Para facermos as filloas de grelos, o primeiro paso é poñermos nun vaso alto os ovos, o leite, a fariña e os grelos, salpementamos e trituramos durante uns 30 segundos a máxima potencia.⁠
2. Unha vez que teñamos o amoado das filloas feito, poñemos unha tixola engraxada ao lume e botamos a masa como cando facemos filloas. Cando empecen a aparecer uns buraquiños na superficie, dámoslle a volta e botamos o recheo.
3. Para facermos o recheo, quitámoslle a pel ao allo, cortámolo en láminas finas e poñémolo a dourar nunha tixola. A continuación, botamos os cogomelos laminados e deixamos que se fagan durante uns minutos.
4. Antes de botalos sobre as filloas, cómpre baixarmos o lume para que a filloa non se nos queime. Despois de engadirmos os cogomelos e cascamos un ovo no centro e, coa axuda dunha espátula, dobramos as esquinas.⁠ Tapamos a tixola e deixamos que se faga durante uns minutos.⁠ Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario