Filloas Deleite

Hoxe tráiovos en colaboración con Deleite unha das sobremesas estrela do Entroido. Vós, como lle chamades? Filloas ou freixós?

Non esquezas gardar a receita porque vas querer facela.

Ingredientes:⁠

🔸 250 ml de Deleite
🔸 250 ml de auga
🔸 4 ovos
🔸 1 cullerada de canela en po (opcional)
🔸 1 chisco de sal
🔸 1 cullerada de azucre
🔸 200 g de fariña (e se queda moi líquida, un pouco máis)
🔸 Aceite de oliva

Preparación:⁠

  1. Batemos os ovos co azucre, a canela e o sal. A seguir, mesturámolos co leite e coa auga e, pouco a pouco, imos incorporando a fariña batendo ben para que non fiquen bolborotos.
  2. Cando tivermos o amoado preparado, deixámolo repousar un anaco.
  3. Poñemos a filloeira ou unha tixola ao lume e frotamos a superficie cun pouco de aceite. Cando estiver quente, botamos unha capa delgada de masa e cando estea dourada, dámoslle a volta.
  4. Lembra que antes de poñelas todas xuntas nun montón, teñen que arrefriar. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non te esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa e #Deleite para que poidamos ver as vosas creacións!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario