Chulas de cabaza recheas de #Deleite 🎭

Para despedir o Entroido, hoxe en colaboración con Deleite traémosvos esta receita para lamber os dedos!

Ingredientes:
🔸 1 culleriña de canela
🔸 250 g de cabaza cocida
🔸 1 sobre de lévedo en po
🔸 2 ovos + 3 xemas
🔸 1 chisco de sal
🔸 150 g de fariña de trigo
🔸 250 ml de #Deleite
🔸 20 g de fariña de millo refinada
🔸 ½ vaíña de vainilla
🔸 2 culleradas de azucre

Preparación:
1. Cocermos a cabaza uns 20 minutos até que estea brandiña e esmagámola cun
garfo até conseguirmos un puré.
2. A seguir, batemos os ovos cun chisco de sal, unha cullerada de azucre e a canela.
Incorporamos a cabaza e, por último, engadimos a fariña co lévedo.
3. Cando tivermos o amoado feito, nunha tixola con abundante aceite botamos
unha cullerada de masa e, ao cabo duns segundos, as chulas comezarán a flotar.
Deixamos que se douren e retirámolas do aceite pousándoas sobre papel de cociña.
4. Para enchelas de crema, primeiro temos que pór nun cunco a vainilla, a fariña,
unha cullerada de azucre, a metade do leite e as tres xemas, e remexemos até que
os ingredientes queden ben integrados. A continuación, agregamos o resto do leite e
mesturamos. Finalmente, pomos a crema ao lume e cociñamos até que ferva e
espese sen deixar de removermos.
5. Deixamos que a crema arrefríe un pouco e enchemos as nosa chulas. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non te esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa e #Deleite para que poidamos ver as vosas creacións!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario