Media Laranxa fixo dous anos o día 22 de abril e para celebralo organizamos o II Concurso de receitas que tivo como gañadora a Aurora Grandio, a autora deste delicioso brownie de kiwi. Parabéns!
Ingredientes:
🔸 200 g de fariña
🔸 60 g aceite de oliva
🔸 2 ovos
🔸 1 sobre de lévedo en po
🔸 120 g de kiwi
🔸 60 g de plátano
🔸 2 culleradas de cacao en po
🔸 Para decorar: chocolate en anacos e un kiwi en rodas
👉 Preparación:
- Triturarmos os kiwis e o plátano.
- Despois, engadimos os ingredientes líquidos (ovos e aceite) e, por último, os sólidos (fariña, cacao e lévedo)
- Vertemos a masa nun molde e decoramos con rodas de kiwi e anacos de chocolate.
- Prequentamos o forno a 180ºC e enfornamos o brownie uns 40 minutos. Deixamos que arrefríe e listo para gozar del.
🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!