Empanada de mazá

Celebramos o Día das Letras Galegas con algo moi noso, a empanada. Non hai arredendo máis delicioso que ter unha empanada no forno e se é doce, aínda máis.

Ingredientes:

🔸 500 g de fariña
🔸 50 g de azucre
🔸 100 ml de#AOVE
🔸 2 ovos
🔸 200 ml de leite morno
🔸 1 cullerada de canela
🔸 2 culleriñas de lévedo en po
🔸 Mazás (escolle unha variedade doce)

Elaboración:
⠀ ⠀ ⠀ ⠀ ⠀ ⠀ ⠀ ⠀ ⠀ ⠀ ⠀ ⠀ ⠀ ⠀ ⠀

  1. Mestúrase a fariña co lévedo e formamos un circulo, en cuxo interior pomos o resto de ingredientes e amasamos.
  2. Deixamos repousar a masa hora e media.
  3. A seguir, amasamos de novo e dividimos en dúas partes.
  4. Dámoslle forma co rolete e recheámola coa mazá laminada. Antes de pór a capa superior, empoamos con canela.
  5. Metemos no forno, previamente quente, a 180°C durante 45 minutos e lista para gozarmos da nosa empanada de mazá! 😜

🍊 Se fas esta receita, non te esquezas de partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario