Parece que chegou o verán, así que iniciamos a tempada de xeados. Hoxe tráivos unha receita de polos superdoada de facer. Só precisamos iogur e a nosa froita favorita.
Ingredientes:
🔸 1 presada de arandos
🔸 2 iogures naturais *
🔸 1 cullerada de mel ou do edulcorante que máis vos guste (opcional)
*Tamén tedes a opción de mercar os iogures con sabor a arandos ou á froita que máis vos guste. Mais eu prefiro mercalos naturais e ir botando arandos até conseguir o sabor que máis me gusta. Canta máis froita, máis intenso será o sabor.
Preparación:
- Lavamos ben os arandos e secámolos. A seguir, trituramos todo e vertemos a mestura en moldes para xeado.
- Metémolos no conxelador unhas 5-6 horas. Bo proveito!
🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!