PETIT SUISSES DELEITE

Hoxe traémosvos unha receita en colaboración con Deleite desas que sempre triunfan. Unha sobremesa rápida, doada e deliciosa!

📝 Ingredientes:

🔸 3 iogures gregos
🔸 150 gr de amorodos
🔸 100 ml de Deleite
🔸 1 culleriña de ágar-ágar

👉 Preparación:⁠

1. O primeiro paso é quentarmos o leite e engadirmos o ágar-ágar para que espese.
2. A seguir, trituramos os amorodos cos iogures e o leite co ágar-ágar.
3. Por último, mesturamos todo e deixamos arrefriar unhas 3-4 horas na neveira até que espese e fique cunha textura densa e cremosa.
4. Bo proveitoooo!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa e #Deleite !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario