Boliños #Deleite

Hoxe presentámosvos unha nova receita feita con @deleitegalego que vai facer que os vosos almorzos e merendas sexan de foto! 😉

𝐈𝐍𝐆𝐑𝐄𝐃𝐈𝐄𝐍𝐓𝐄𝐒:

🔸 550 gr de fariña de forza
🔸 300 ml de Deleite
🔸 50 gr de AOVE
🔸 20-60 gr de azucre
🔸 20 gr de lévedo fresco ou un sobre de lévedo depanadeiro
🔸 1/2 culleriña de sal
🔸 Unha presada de noces
🔸 Un ovo

𝐏𝐑𝐄𝐏𝐀𝐑𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍:

1. O primeiro paso é mesturamos o leite, o aceite, o lévedo, o sal e o azucre.
2. A seguir, incorporamos pouco a pouco a fariña e amasamos até obtermos unha masa compacta que non se nos pegue ás mans. Tapámola cun pano e deixamos que levede unha hora.
3. Unha vez que duplicou o seu tamaño, dividimos a masa en boliños pequenos dámoslle a forma que queiramos. A continuación, deixamos que leveden de novo outra hora. Pasado ese tempo, engadimos as noces e pincelámolos co ovo batido.
4. Finalmente, enfornamos os nosos boliños 30 minutos a 180° e merenda lista!

🍊 Se fas esta receita, non esquecezas etiquetarnos co cancelo #DELEITE e #medialaranxa para que poidamos ver os vosos boliños.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario