Xa chegou o outono e con el as castañas. A receita de hoxe é a combibnación dunha sobremesa tradicional cun ingrediente que lle dá un toque diferente e delicioso.
𝐈𝐍𝐆𝐑𝐄𝐃𝐈𝐄𝐍𝐓𝐄𝐒:
🔸 750 ml de leite
🔸 250 g ml castañas cocidas
🔸 5 ovos grandes
🔸 150 g de azucre
🔸 Para o caramelo: 5 culleradas e azucre e 3 de auga
𝐏𝐑𝐄𝐏𝐀𝐑𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍:
1. O primeiro paso é cocermos as castañas. Para iso, cortámoslle a base como se fósemos asalas e escaldámolas 5 minutos. Cando arrefríen un pouco pelámolas. Cando máis quentes estiveren, máis doado será quitarlles a pel. Mais o importante e non nos queimar.
2. Unha vez peladas, engadimos o azucre e o leite e deixamos que cozan outros 20-25 minutos a lume baixo. Pasado ese tempo trituramos todo até obtermos unha especie de crema.
3. A seguir, deixamos a crema de castañas arrefríe antes de incorporar os ovos. Batemos e vertemos a mestura en moldes acaramelados.
4. Para facermos o caramelo, poñemos un cazo a lume medio e cando estea quente engadimos o azucre e, a continuación, a auga. Deixamos que se acaramele e no momento que empeza a coller cor podemos mesturar o caramelo cunha culler de madeira, antes non.
5. Para facermos o flan ao baño maría, tapamos os moldes con papel de aluminio e metémolos no forno dentro dunha bandexa con auga. Enfornamos a 180º C uns 45-50 minutos. Saberemos que están feitos cando os pinchemos cun pau e este saia limpo.
6. Finalmente, sacámolos dos moldes con moito coidado e sobremesa feita! Só queda gozarmos deste marabilloso flan de castañas.
🍊 Se fas esta receita, non esquecezas etiquetarnos co cancelo #medialaranxa !