Ingredientes:
🔸 4 ovos
🔸 80 ml de auga
🔸 180 g de fariña
🔸 3 culleradas de mel
🔸 1 culleriña de lévedo en po
🔸 1 chisco de sal
🔸 AOVE
🔸 Anko ou crema de chocolate para untar os nosos dorayakis
Preparación:
1. Nun recipiente poñemos os ovos co mel e batemos até que se triplique o seu tamaño e teña unha textura espesa.
2. Peneiramos a fariña co lévedo e co sal, e incomporámola con movementos envolventes e engadimos a auga. Cando teñamos listo o amoado, deixamos que repouse uns 15 minutos.
3. Pasado ese tempo, engraxamos unha tixola con AOVE e quetámola a lume medio. Vertemos a masa cunha culler dándolle forma de círculo. Cando os dorayakis empecen a burbullar, virámolos e agardamos a que se douren.
4. Entre dorayaki e dorayaki botamos anko ou crema de chocolate, e merenda lista. Bo proveitooooo!
🍊 Se fas esta receita, non te esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa!!