Papá Noel de chocolate e amorodos


Xa non queda nada para o Nadal e este ano propuxémonos facer un montón de receitas para que as festas sexan o máis saborosas posíbel.


Ingredientes:

  • 140 g de fariña
  • 60 g de cacao
  • 1 cullerada de lévedo en po
  • 1 chisco de sal
  • 1 chisco de canela
  • 80 g de AOVE
  • 2 plátanos
  • 1 ovo
  • 1 presada de amorodos
  • 100 ml de nata para montar

Preparación:⁠


1. O primeiro paso é esmagarmos os plátanos cun garfo. A seguir, engadimos os ingredientes líquidos e despois incorporamos os sólidos.

2. Mesturamos todos os ingredientes até que non fiquen bolborotos.

3. Engraxamos un molde de biscoito e enfornamos durante 45 minutos a 180ºC

.4. Cando o biscoito estea listo, sacámolo do formo e deíxámolo arrefríar sobre una bandeixa de reixas. É importante que o biscoito estea frío para seguir co seguinte paso.

5. Cortamos o biscoito en círculos con axuda dun cortador ou dun coitelo. O importante é que teña o mesmo diámetro que os amorodos.

6. Por último, batemos a nata, botáloma por riba dos minibiscoitos cunha manga pasteleira e colocamos por riba os amorodos sen esquecérmonos de rematar a punta con nata para que pareza o sombreiro de Papá Noel.


🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario