Hoxe tráiovos unha receita supersinxela e riquísima. Simplemente necesitas dous ingredientes e en media hora tes estas deliciosas árbores recheas de crema de chocolate.
Ingredientes:
🔸 1 lámina de masa de follado e crema de chocolate
Preparación:
1. O primeiro paso é partirmos a masa de follado pola metade. Tamén podemos mercar dúas láminas e omitimos este paso.
2. Cubrimos a metade da lámina con crema de chocolate ou coa crema ou marmelada que máis che guste. Colocamos a outra metade da lámina por riba e cun coitelo facemos unhas tiras. Dobramos a masa dándolle forma de árbores e pasamos un pau de madeira polo medio.
3. Colocamos as árbores sobre papel vexetal nunha bandexa e enfornamos durante uns 15-20 minutos a 180ºC.
4. Por último, deixamos que arrefríen e esparexemos un pouco de azucre glas por riba para que semelle neve.
🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa !!