Esta receita só é apta para chocoadictos e persoas lambonas coma min.
Ingredientes:
🔸 140 g de fariña
🔸 60 g de cacao
🔸 1 cullerada de lévedo en po
🔸 ½ cullerada de sal
🔸 ½ cullerada de canela
🔸 80 g de AOVE
🔸 3 plátanos
🔸 1 ovo
🔸 1 cullerada de extracto de vainilla (opcional)
🔸 200 ml de nata
Preparación:
1. O primeiro paso é esmagarmos os plátanos cun garfo até que quede a textura dun puré.
2. A seguir, mesturamos o plátano cos ingredientes líquidos. Despois incorporamos os ingredientes sólidos e batemos até que non fiquen bolborotos.
3. Vértemos o amoado nun molde rectangular e enfornamos durante 45 minutos a 180ºC .
4. Deixamos que o biscoito arrefríe antes de cortamos pola metade. Enchemos o biscoito con nata e cortamos o biscoito en forma de triángulos para que semellen árbores de Nadal.
5. Por último, podemos decorar as árbores con azucre glas para que pareza neve e listo!
🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa !!