Galletas de manteiga


Un dos clásicos de Nadal é facermos galletas e que o seu arrecendo invada toda a casa. Desta volta, decidimos facer a receita tradicional das galletas de manteiga e decoralas con chocolate branco. Están boísimas!

Ingredientes:

🔸 300 g de fariña
🔸 100 g de azucre
🔸 150 g de manteiga
🔸 ½ cullerada de sal
🔸 ½ cullerada de esencia de vainilla
🔸 1 ovo

Preparación:

1. O primeiro paso é sacarmos a manteiga da neveira dunhas dúas horas antes de facermos a receita para que teña unha textura cremosa.


2. Para facermos a masa podemos meter a manteiga uns segundos no microondas para que estea máis branda, mais que non chegue a derreterse. Mesturamos a manteiga, co azucre, o sal, a esencia de vainilla e o ovo até que nos quede unha masa homoxénea.


3. A seguir, peneiramos a fariña e incorporámola á masa. Cando a masa comece a estar dura, cómpre que a amasemos coas mans. Amasamos uns minutos até que a masa non se nos pegue ás mans e facemos unha bóla. Envolvémola con papel de plástico e deixámola na neveira unha hora.


4. Pasado ese tempo, estendemos a masa no mesa e con axuda dun rolo, estirámola. Podemos utilizar un molde circular para cortar a masa, mais tamén podemos utilizar un vaso.

5. Poñemos as galletas nunha bandexa con papel vexetal e enfornámolas a 180ºC uns 8-10 minutos. Cómpre vixialas porque cada forno é un mundo e é importante que non se nos queimen.

6. Unha vez feitas, poñémolas a arrefrían sobre unha bandexa de reixas. Para decoralas, derretemos o chocolate ao baño maría e decorámolas como máis non gusten. Por último, facémoslle un debuxo do acivro e listo!


🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario