Pizza con base de cabaza

Encántanos a pizza e adoramos a cabaza. Así que decidimos facer unha pizza con base de cabaza e o resultado non nos puido gustar máis.  

📝 Ingredientes para unha pizza mediana para 2 persoas:

🔸 500 g de cabaza cocida
🔸 1 ovo
🔸 2 culleradas de fariña integral
🔸 Sal e ourego

👉 Preparación:⁠

1. O primeiro paso é cocermos a cabaza. Cando estea cocida, escoámola e esmagámola cun garfo.

2. A seguir, poñemos a cabaza sobre un pano de algodón e envolvémola. Apertamos o máximo que poidamos o pano para quitarlle o esceso de auga. Este paso é fundamental se queres que a túa pizza quede crocante.

3. Unha vez lle quitemos a auga, botamos a cabaza nun cunco e incorporamos o ovo batido, as dúas culleradas de fariña, o sal e o ourego. Mesturamos todo até que nos quede unha masa.

4. Nunha bandexa de forno colocamos papel vexetal e botamos a masa enriba. Cunha espátula estendemos a masa dándolle forma de círculo. Enfornamos a 200º C uns 20 minutos ou até que vexamos que está dourada.

5. Sacamos a base de cabaza do forno e engadimos os ingredientes que máis nos gusten.

6. Por último, metémola novamente no forno uns 5-10  minutos ou até que se gratine o queixo. Bo proveitoooooo!



🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa 

2 comentarios sobre “Pizza con base de cabaza”

Deixa una resposta a medialaranxa Cancelar resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario