O mes pasado fixemos bolinhas de alheira e esta semana non nos puidemos resistir a este embutido portugués. Así que decidimos preparar estes deliciosos folhados de alheira.
📝 Ingredientes para 6 folhados:
🔸 1 alheira
🔸 ½ cebola
🔸 2 dentes de allo
🔸 1 presada de perexil fresco
🔸 1 paquete de masa filo
🔸 1 ovo para pincelar
👉 Preparación:
- O primeiro paso é cortarmos a cebola e o allo en anacos moi pequeniños.
- A seguir, rustrímolos nunha tixola cun pouco aceite e cando estean engadimos a alheira esmiuzada e o perexil. Rustrimos un par de minutos e retiramos do lume.
- Estendemos unha lámina de masa filo e dobrámola á metade. Engadimos dúas culleradas da mestura da alheira e facemos un rolos.
- Feitos os rolos, pincelámolos con ovo para que queden brillantes e esparexemos unhas sementes de sésamo por riba.
- Por último, enfornamos a 180ºC uns 15 minutos e listo. Bo proveito!
🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa