Champiñóns recheos de xamón


Para eses días que non che apetece cociñar moito, mais queres algo rico, estes champiñóns recheos de xamón son a túa salvación. Son rápidos de facer e riquísimos!

📝 Ingredientes (para dúas persoas):


🔸 6 champiñóns grandes
🔸 250 gramos de xamón en anacos
🔸 250 ml de salsa de tomate
🔸 queixo relado

👉 Preparación:⁠

1. O primeiro paso é sacármoslles a pel de fóra aos champiñóns e quitármoslles o tronco.

2. A seguir, cortamos os troncos dos champiñóns en anacos pequenos e rustrímolos nunha tixola cun pouco aceite e cando estean case feitos, incorporamos o xamón e a salsa de tomate.

3. Enchemos os champiñóns co recheos e esparexemos queixo relado por riba.

4. Por último, enfornamos os champiñóns uns 15 minutos a 180ºC. Bo proveito!


🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario