Hoxe tráiovos unha das receitas máis virais do momento. Se aínda non os probastes, só vos podo dicir que están deliciosos.
Ingredientes (para dous croissants):
🔸 1 lámina de masa de follado
🔸 Canela
🔸 Aceite de oliva ou manteiga
🔸 Azucre
🔸 Ovo
🔸 Chololate e granola para decorar
👉 Preparación:
1. O primeiro paso é estendermos a masa de follado e untala con aceite ou manteiga. A seguir, esparexemos azucre e canela ao gusto.
2. Para dármolles a súa forma característica, cómpre cortarmos a masa en tiras de 2 cm e imos facendo un rolo con elas.
3. Poñemos o forno a quencer a 200°C e mentres agardamos, batemos un ovo e pincelamos os croissants. As persoas veganas poden omitir este paso porque o ovo serve para que queden brillantes.
4. Antes de meter os croissants no forno, temos
que poñer uns aros ou uns mondes de silicona para que termer da bandexa que imos colocar enriba. É importante este paso para que os croissants medren planos e se conserve a súa forma característica. Enfornamos a 200°C uns 20 minutos. Pasado ese tempo, quitamos a bandexa e deixamos que se fagan outros 20 minutos máis.
5. Cando arrefríen un pouco, decorámolos con chocolate e granola ou co que máis nos guste. Bo proveito! 😉
🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa