
Ola! Chámome Noemí e son unha profe de galego namorada da gastronomía e da lingua que decidiu unir dúas das súas paixóns, a cociña e a lingua, e abrir un blog para compartir receitas e mergullarse no mundo da cociña. Aquí encontrarás receitas en que paso a paso che ensino a preparar pratos veganos e saudábeis e, como non, pratos tradicionais e receitas típicas da Galiza.
Alén diso, encontrarás moitas máis receitas e contido diario na miña conta de Instagram (@media_laranxa) onde ademais de descubrir pratos novos poderás practicar e mellorar o teu nivel de lingua galega a través das larandicas e dos xogos que facemos todos os venres. Acompáñasme nesta aventura?
Se quixeres contactar comigo, podes escribirme un correo a medialaranxareceitas@gmail.com ou deixarme unha mensaxe nas miñas redes sociais:
- Instagram: @media_laranxa
- Facebook: MediaLaranxa
- TikTok: @media_laranxa
- YouTube: Media Laranxa