Se coidamos da nosa alimentación, por que non imos coidar tamén da nosa lingua?
A nosa terra ten un léxico moi rico e variado e, por iso, en Media Laranxa queremos poñelo en valor. Decidimos deseñar estas larandicas para crearmos un dicionario que resaltase a grande variedade de termos que temos na Galiza para nos referirmos a unha mesma cousa en función da zona onde esteamos. Alén diso, pretende ser un lugar de referencia para acharmos vocubulario especializado no ámbito da gastronomía.
A cociña está para comermos a lingua!